| Nombre | Whisky |
| Edad | 1 aƱo y 8 meses |
| Sexo | Macho |
| Tipo | Perro |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Con su nueva familia |
| TamaƱo | PequeƱo |
Descripción
š¾ Whisky agarda un fogar… pode que sexa o teu.
Whisky apareceu con Brandy nun podo… amb@s sen fogar, sen entender qué pasaba… Pedíronnos axuda para buscarlles fogar e, en canto tivemos oco no refuxio, non dubidamos en ir rescatal@s.
En Os Biosbardos seguimos crendo nas segundas oportunidades.
Hoxe queremos presentarche a Whisky, un can que non pide gran cousa, só aquilo que merece calquera ser vivo: un lugar no mundo, unha man amiga, unha camiña e unha familia que lle diga “quédate, este é o teu fogar”.
Whisky non ten casa agora, pero ten todo o que un fogar necesita para ser máis fogar:
É doce, agradecido e ten esa maneira tan súa de mirar, coma quen di: “prometo quererte toda a vida”.
Adora os mimos, os paseos tranquilos e estar cerca das persoas.
Aprende rápido, é respectuoso e só quere formar parte da túa vida.
O compañeiro perfecto tanto para quen vive só, como para familias con nenos e nenas.
Adoptar non é só abrir a porta da casa, é abrir a porta do corazón. É entender que un can sen fogar non é un can roto: é un can á espera de atopar o seu lugar.
E cando o atopa… cambia todo. Cambia el, cambias ti.
Se algún día pensaches en adoptar, se sentes que agora é o momento, ven coñecer a Whisky.
Prometemos que o que vas atopar non é só un animal, senón un amigo, un compañeiro, alguén que che devolverá amor multiplicado.
APADRINADO POR: Ovidio Sánchez.
AMADRINADO POR: Alicia Moreiras, Irene Dapena.