| Nombre | Brandy |
| Edad | 2 años y 2 meses |
| Sexo | Hembra |
| Tipo | Perro |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Con su nueva familia |
| Tamaño | Pequeño |
Descripción
🐾 Esta é Brandy
Brandy apareceu con Whisky nun pobo… e, dende agosto, déronlle de comer as veciñas da zona. Pedíronnos axuda para buscarlles un fogar e, en canto tivemos oco no refuxio, non dubidamos en axudal@s.
Sobre Brandy…
…ela é unha cadeliña boa, tranquila e moi agradecida.
Non chega con présas nin con medos, só cun desexo sinxelo: ter un fogar onde sentirse querida.
É dócil e agarimosa
Pasea ben con correa e gústalle a calma
Sociable con persoas e con outros biosbardiños
Perfecta para un fogar que queira compañía doce e tranquila.
Brandy non che vai pedir moito: un sofá onde durmir, un prato cheo, paseos ó sol e alguén que a trate con respecto.
A cambio, ela dá paz, mirada nobre e esa compañía bonita que só dan os animais que souberon esperar.
Se queres coñecela, só tes que escribirnos.
Quizais Brandy non necesite un milagre… só a ti.
Tamaño pequeño y pati-corto. es una monada.
AMADRINADA POR: Lucía Portas.