| Nombre | OBLIO |
| Edad | 11 años y 7 meses |
| Sexo | Macho |
| Tipo | Gato |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Casa de acogida |
| Tamaño | Pequeño |
Descripción
A Oblio levaban semanas intentando collelo, pois o estado no que se atopaba era realmente crítico. Cando por fin o conseguiron descubrimos o que xa nos temíamos. Oblio ten os dous olliños cheos de pus e un deles a piques de sairselle da cunca do ollo. Aínda hay que facer probas pero o máis seguro é que quede ceguiño polo menos dun ollo. (Cousa que non lle impide facer vida completamente normal).
O pequeno Oblio é un loitador que na súa curta vida xa sabe o que é sentir medo, tristeza e dolor. Aínda así, este pequecho está cheo de amor e encántanlle os mimos.
Agora agarda na súa casa de acollida onde se está recuperando a que alguén lle de a oportunidade de formar parte da súa vida, familia e fogar onde sentirse querido e protexido para non ter que volver a sentirse indefenso.