| Nombre | DEVA |
| Edad | 12 años y 5 meses |
| Sexo | Hembra |
| Tipo | Perro |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Casa de acogida |
| Tamaño | Pequeño |
Descripción
Deva foi recollida en Cela, Mondaríz. Non coñecemos moito sobre a súa historia, supoñemos que é outra podenquiña que non servía para cazar e por iso foi abandoada. Deva vagou mendigando comida ata que por sorte se cruzou no camiño dunha boa persoa que a recolleu abrindolle as portas dun fogar.
Como vedes nas fotos é unha verdadera fermosura, unha pequecha de a penas 6 kg, moi doce e cariñosa, encántalle pasear e investigar e é moi obediente.
Agora Deva agarda na súa casa de acollida a que alguén le de a oportunidade de demostrar o fantástica cadeliña que é.