Nombre GINGER
Edad 14 años y 3 semanas
Sexo Macho
Tipo Perro
Estado Adoptado
Localización Casa de acogida
Tamaño Pequeño
Foto de GINGER

Descripción


Ginger apareceu atropelado e temíamos que non houbese nada que facer por el pois estaba nun estado lamentable. En canto o levamos ó veterinario descubrimos que tiña ambas cadeiras rotas e unha patiña tamén. Operámolo de ambas fracturas e agora toca agardar a que se recupere das feridas. Por sorte para este anxiño apareceu unha casa de acollida fantástica que lle está dando todos os coidados que precisa e a que estamos eternamente agradecidas! Se queres axudar na recuperación de Ginger podes donar pañais e empapadores xa que o pobre aínda non se pode levantar e pasa o día na súa camiña. Podes achegar a túa doazón a Cícely Viajes C/ López Mora 47, Vigo. MOITAS GRAZAS!!

Galería