Nombre ORBALLO
Edad 14 años y 11 meses
Sexo Macho
Tipo Perro
Estado Adoptado
Localización Desconocido
Tamaño Pequeño
Foto de ORBALLO

Descripción


Orballo levaba tempo abandoado en Arnoso (Ponteareas) sendo alimentado na rúa polos veciños. Por desgraza algún/ha desalmad@ ó atropelou e non se parou a socorrelo polo que cando @s veciñ@s se deron conta de que arrastraba unha das patiñas nos deron aviso para axudar o pobre can. Levámolo o veterinario onde confirmou que as feridas parecían de atropelo, a pata dianteira dereita está en carne viva e cos osiños dos dedos ó aire. Na outra patiña tiña unha ferida bastante profunda. Ademáis estaba bastante delgado. Orballo é un podenquiño de tamaño pequecho, é adorable e ten unha mirada moi tenra que derrita a alma de calquera. É incomprensible como ninguén lle fixo un oco na súa casa sendo unha miniatura tan doce e agradecido. Agora buscamos para este pequeno unha familia definitiva que o mime moitísimo e o trate como sempre mereceu, con respeto e moito amor. ¿Serás tí quen complete a historia de Orballo con un final felíz?

Galería