| Nombre | LANDRA |
| Edad | 13 años y 5 meses |
| Sexo | Hembra |
| Tipo | Perro |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Refugio |
| Tamaño | Mediano |
Descripción
Landra foi atopada por uns operarios que estaban desbrozando un monte. Cando a recollimos era unha grifona triste, sucia, chea de parásitos, con feridas nas almoadillas por ter camiñado demasiado e coxiña seguramente de algún golpe que levou.
Unha vez a salvo, bañada, desparasitada, curada e coa barriguiña chea fixo unha especie de metamorfose e convertiuse nunha beleza grifona de cor branco e crema e peliño semi-largo que enamora a tod@ aquel@ que se cruza no seu camiño.
Landra é nobleza en estado puro, nin unha queixa con persoas, ela só quere os mimiños que algún desalmado lle negou. Tamén é sociable e sumisa con cans/cadelas cos que lle gusta relacionarse.
Se estás pensando en adoptar, Landra é a princesiña que buscas. Unha vez que mires eses olliños cor mel non poderás marchar a casa sen ela!
APADRINADA POR: CARLOS MORALES