| Nombre | Chino |
| Edad | 7 años y 5 meses |
| Sexo | Macho |
| Tipo | Perro |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Casa de acogida |
| Tamaño | Mediano |
Descripción
CHINO levaba un ano abandonado nunha parroquia das Neves onde algunhas malas persoas lle pegaban simplemente porque molestaba e querían que se marchara...
Grazas a unha boa persoa que o alimentou durante todo ese tempo e nos deu aviso puidemos recollelo e Chino chegou ao refuxio cheo de feridas pero alí por fin sentiuse seguro e a salvo por primeira vez na súa vida e puido amosarse como o canciño bo e cariñoso que é, sempre pendente do voluntariado, coa esperanza de recibir un agarimo...
É un amor que merece unha familia e un fogar onde ser querido e coidado. Queres coñecelo?
AMADRINADO POR: AUREA FEIJOO VILLANUEVA