Nombre Jana
Edad 10 años y 5 meses
Sexo Hembra
Tipo Perro
Estado Adoptado
Localización Casa de acogida
Tamaño Pequeño
Foto de Jana

Descripción


Jana é unha cadeliña moi nova, desa "raza" tan esquecida como son @s podenc@.Pertence a gran familia de canx que estamos rescatando. Estivo escapada unhas semanas ata que un veciño a atopou no monte cando escoitou laiar. Encontrábase nun estado que a levaría a unha morte segura, sen saber cantos días levaba dese xeito, sen comer nin beber, con descoordinación nas patas non sendo capaz de poñerse en pé. Tiña o pescozo inmóbel e ríxido do lado esquerdo, un derrame no ollo e nun estado de shock. Na primera asistencia veterinaria que se lle prestou fíxoselle unha exploración física e radiografia descartando traumatismo pero debido os síntomas que presentaba, entre eles febre, trasladóuse a un hospital veterinario para realizar probas mais específicas como un TAC e distintas análises de sangue e de líquido cefalorraquídeo descartando posíbeis enfermidades que a llevaron a ese estado de orixe neuronal. Finalmente, tras uns resultados normais, diagnosticoúselle un síndrome vestibular idiopático o non encontrar a causa que lle provoca atoparse e este estado. Agora mesmo atópase nun fogar de acollida a espera da súa evolución que esperamos lle permita ser a cadeliña agarimosa que é... . Precisa dun entorno equilibrado e casiña con finca xa que polo de agora non sabemos se algún día recuperará o seu estado físico o 100%, pode que sí, ou pode que teña algunha secuela de por vida xa que é unha dúbida que ninguén pode respostar aínda... Seguramente non será unha cadeliña que poda facer rutas nin dar longos paseos pero pode ser igual de feliz o teu carón disfrutando dunha familia definitiva... . Comeza a ser unha cadeliña leda que está deixando atrás o medo e a desconfianza... Buscamos unha acollida estable para ela, que entenda o compromiso que é ter unha cadeliña das súas características e que a acepte tal e como é. Non é nada bo para a sua recuperación cambiala para distintos entornos, iso supón un retroceso para ela... AMADRINADA POR: MARTA ALONSO

Galería